Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

010059

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 605131 y: 4645678

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Gomariz

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Forno de planta rectangular coa zona da capela curva, muros de cachotería e cuberta de lousas de granito a dúas augas. Na fachada exterior ten unha porta de aluminio. Nos laterais, destaca a parella de macizos contrafortes para soportar os empuxes das bóvedass de canón pétreas do interior. Na zona de forno propiamente dito é de forma semicricular e para adaptarse ao terreo vai escalonada en tres niveis.
 
No interior, aínda que en estado de abandono, conserva a capela, o lar, a boca e a borralleira. O chapelí manten as ménsulas orixinais, pero a visera revestíuse de cemento. As bóvedas e os arcos interiores de descarga, están en perfecto estado.
 
Na actualidade, no lateral dereito ten adosada un casa que oculta o muro de peche e polo tanto os contafortes, descoñecendo si se manteñen. No seu interior almacénanse materiais varios.

volver a búsqueda