Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

010054

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 606557 y: 4645305

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Baltar

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Construción de planta rectangular, con muros de cachotería e cuberta de tella do país a dúas augas. Na fachada hai dúas portas, unha de acceso ao obradoiro e a outra comunica directamente co capallán, espazo onde en verán se amasaba, e en inverno se gardaba leña. Estas dúas estancias está separadas por unha parede interior que ten unha porta que as comunica. No paramento exterior da zona do forno propiamnete dito, destacan tres macizos contrafortes, que soportarían os empuxes das bóvedas de granito do interior, que hoxe son de ladrillo. Ademais, na fachada traseira, aprecíase a levación da cuberta, que en orixe sería de granito, e agora é de tella do país a dúas augas.
 
No interior, aínda se conservan íntegros o lar e capela circulares, e o chapelí que semella ser de cemento.
 
Neste forno comunal, cada veciño levaba o seu feixe de leña. Ao veciño que lle tocaba o luns tiña a "Quenda", despois era el quen daba a vez ao resto da veciñanza. Deixou de funcionar como forno fai máis ou menos trinta anos. Agora utilízase como almacén do propio concello e está cheo de materiais de construción.

volver a búsqueda