Casa reitoral

mapa ficha

Referencia:

010049

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 606670 y: 4645176

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Baltar

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa reitoral

Descrición:

Situada no lugar coñecido como a Aldea de Abaixo, e aos pés da igrexa parroquial, atópase esta casa reitoral. Consta de planta poligonal, un só andar, muros de cachotería e cuberta de tella do país a dúas augas. Presenta tres fachadas, a principal cara a praza, ten na súa planta baixa un portón de entrada e dous respiradoiros; no primeiro andar, tres ventás cadradas con peches de aluminio e pvc. A fachada que da cara a igrexa, ten tres ventás no andar superior, unha delas tapiada, e unha porta tamén tapiada na planta baixa. A terceira das fachadas, destaca polo corredor do andar superior. Ademais de dar á horta do cura, pechada cun alto muro moi deteriorado.  
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
   BALTAR.
      Libro 4.3.8. Libro de visitas.
Fol.52v. Aparece recollido o cambio que se fixo dunhas casas queimadas ao lado da reitoral por unhas terras no lugar de Texós. Asi mesmo, recóllense unha serie de gastos das obras da reitoral.

volver a búsqueda