Muíño do Maestro

mapa ficha

Referencia:

010045

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600320 y: 4640654

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño do Maestro

Descrición:

No lugar do Río, en dirección á Capela de San Xes, desviarse á esquerda nunha canella situada case en fronte do muíño do Rou-Rou, atopamos este muíño de canle. Presenta planta rectangular con muros de cachotería e cuberta de tella do país a dúas augas. Na fachada principal, no primeiro andar, destaca un corredor de perpiaño. No inferno conserva o rodicio e a saída da auga vai provista de lumieira.
 
A finca onde se ubica o muíño está pechada por un muro perimetral de cachotería, que nun dos seus tramos ten un oco para a entrada da auga a través da lovada a ras do chán.

volver a búsqueda