Canastro das Cortiñas 2

mapa ficha

Referencia:

010041

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600172 y: 4640653

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro das Cortiñas 2

Descrición:

No lugar das Cortiñas atópase este canastro mixto sen soleira, asentado directamente sobre o terreo. Presenta catro pés de sección cuadrangular e aristados e dous tornarratos tranversais de forma troncocónica coas esquinas redondeadas, un tornarratos por cada dous pés. A cámara ten catro columnas sobre grade e padieira de perpiaño; os dous costais con doelas verticais de madeira, e os penais con portas tamén de doelas de madeira, só se conservou a do penal frontal. A cuberta de tella do país a dúas augas con voadizo, con pinche e gardaventos.

volver a búsqueda