A Fonte

mapa ficha

Referencia:

010032

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 599961 y: 4640575

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
A Fonte

Descrición:

Moi preto do forno á beira mesmo da estrada, atopamos este conxunto de abrevadoiros e fonte de manancial embutida nun muro de cachotería. Todo o conxunto está realizado en perpiaño, a fonte presenta estrutura con arco de medio punto e cuberta abovedada. Por riba do arco de marcadas dovelas, hai unha laxe rectangular e estreita a modo de beiril. No seu lado dereito ten un banco formado por varias pedras irregulares e de diferentes tamaños.
 
Dous abrevadoiros rectangulares de granito flanquean a fonte. Un pequeno murete en liña cos abrevadoiros, separa o conxunto da estrada.
 
Na actualidade a fonte pechouse cunha porta de forxa de cor negra. En orixe o conxunto incluía un lavadoiro aos pés da fonte, hoxe ten un murete con paso.

volver a búsqueda