Forno comunal da Fonte

mapa ficha

Referencia:

010031

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 599997 y: 4640617

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal da Fonte

Descrición:

Forno de planta rectangular coa zona da capela semicircular; os muros mixtos, de sillería na fachada principal e laterais, de cachotería, na parte traseira. A cuberta é de lousas de granito a dúas augas. A fachada ten unha porta con lumieira, a súa dereita unha repisa de granito embutida no paramento que servía para pousar a cesta coa masa. Nos muros laterais de sillería, destacan dous pares de robustos contrafortes para conter os empuxes das bóvedas de canón do interior.
 
No interior, consérvase o lar e a capela de sección circular, a boca cadrada e o chapelí, ademais da borralleira. No lado dereito do obradoiro ten un tendal pétreo.
 
As cubertas interiores abovedadas descasan sobre os arcos faxóns de medio punto conformados por macizas dovelas de granito.

volver a búsqueda