Muíño do Rou Rou

mapa ficha

Referencia:

010029

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600298 y: 4640489

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño do Rou Rou

Descrición:

No lugar coñecido como Os Prados do Río atópase este muíño de canle. Ten planta rectangular, muros de cachotería e cuberta de tella do país a dúas augas. A fachada ten unha porta con lumieira. A canle constrúese sobre un muro de cachotería elevándoa para que a auga colla forza antes de descender pola entrada do muíño. Na fachada posterior, ten un pequeno vano rectangular.
 
No interior, no tremiñado ten pechadoiro de perpiaño e conserva o pé, o burro, a moega e a capa. No inferno, aínda perduran a tofeira e o rodicio.
 
O interior atópase en bo estado e aínda se poden ver varios utensilios empregados na moenda.

volver a búsqueda