Capela da Virxe da Gracia

mapa ficha

Referencia:

010027

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600137 y: 4640559

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela da Virxe da Gracia

Descrición:

Situada entre as casas de San Paio, atópase esta capela de planta rectangular dunha soa nave, con paramentos de perpiaño e cuberta de tella do país a dúas augas. A fachada principal ten porta con lumieira con inscrición, dous vanos rectangulares en disposición horizontal e remate superior de pseudoespadana. Nos vértices da cuberta decoración de pináculos piramidais de bola. A espadana de arco de medio punto, que alberga a campá vai superada por pequena cruz de brazos iguais. Nos muros laterais, ten dúas ventás rectangulares, unha cara o presbiterio e outra cara a fachada. No lateral dereito, baixo a ventá máis grande hai unha inscrición fundacional.
 
A capela para adaptarse ao terreo, ten maior altura na zona da fachada que na zona do presbiterio. Actualmente a capela está adicada a mesa electoral, antes foi Teleclub.
 
A primeira referencia atópase no libro 4.1.5., fol 122, 1812. Visita "se encuentran quatro Hermitas: una de Nuestra Señora de la Gracia: otra de San Gines: otra de San Martin y otra de San Juan. Volve aparecer no libro 4.1.6.., fol.57,1830. "Ay en esta Parroquia quatro Capillas situadas, una en el pueblo de Sn Martin con la misma advocion, otra en Quintá, advocacion de San Juan, otra Sn Ginés fuera del Pueblo de Sn Payo y otra en el mismo pueblo, advocación Ntra Sra de la gracia, estas dos ultimas tienen su correspondiente dotacion la primera por averse constituido el pueblo a su debida decencia por un instrumento que suena en un libro viexo y anterior fol.95 y la segunda por algunos frutos que por cierta pieza recoje Francisco Piñeiro el Mozo dotados por su fundador".
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.
-Ficha Inventario artístico.
-A.H.D.OU.
   ABADES, San Paio.
     4.1.5. Visitas (1676-1820)
     4.1.6. Libro de primicias y fábrica (1679-1944)
 
 

volver a búsqueda