Casa reitoral

mapa ficha

Referencia:

010025

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600084 y: 4640681

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa reitoral

Descrición:

Casa situada a uns corenta metros da Igrexa, na Aira do Neto, na mesma praciña onde tamén se atopa o cruceiro. A vivenda ten muros mixtos de cachotería e perpiaño con cuberta de tella do país a catro augas. Presenta planta en forma de "L", con dúas fachadas exteriores e patio interior. A fachada principal, destaca pola escaleira central de doble acceso que comunica co primeiro andar, onde hai catro ventás rectangulares, dúas a cada lado da porta. Na planta baixa, e á dereita da escaleira, unha porta lintelada, á esquerda, un pequeno vano rectangular. Na outra fachada, aprecíase unha diferencia no paramento, o da planta baixa de cachotería e o do andar, de perpiaño. Diferenzas, froito dunha reforma onde ademais se abríron dous vanos, un deles a modo de ventanal.
 
A residencia vai rodeada por alto muro de cachotería con gran portón que da acceso directo ao patio interior. Cara o patio, a casa ten planta baixa con dúas portas con lumieira e andar superior, con dúas ventás rectangulares e gran ventanal, que semella ser posterior. Ademais, conserva os soportes pétreos do patín que perdeu.
 
Completan os lados do patio, por un lado, as casas dos criados, con porta de acceso ás cortes e escaleira de granito que comunica co andar. Por outro, o que sería o combarro, do que só se conservan parte dos muros. E por último, o portón de acceso e o muro de peche. Na actualidade todas as portas e vanos son de aluminio, dúas das catro ventás da fachada principal, están tapiadas.
 
No libro 4.1.5 atopamos 2 referencias, f.54, 1735 "Tiene casa y diestros" e f.143, 1821. Resume das obras realizadas polo párroco na casa reitoral Francisco Antonio Álvarez, que debe entrar no 1814. No libro 4.1.4 tamén aparecen 2: f.72, 1875. Desperfectos da casa reitoral. Sen f., 1901. "Por piedra para la escalera canteros y toda su composicion de canteria 100 rls".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
 ABADES, San Paio.
 A.H.D.OU.
 4.1.4. Cuentas de Rectoral (1875-1910).
 4.1.5. Visitas (1676-1820).
 

volver a búsqueda