Casa blasonada

mapa ficha

Referencia:

010024

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600085 y: 4640705

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Heráldica

Tipo:

Heráldica

Subtipo:

Heráldica

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa blasonada

Descrición:

Na fachada lateral dunha casa da rúa dos Canizos, atopamos este singular escudo. Presenta forma cuadrangular cun beiril de perfil ondulante e gravado na súa cara interior cun motivo de volutas. Ten un campo único de forma cadrada decorado con multiples motivos, flanqueados por orlas de espirais. Cara o seu lado esquerdo, e de abaixo arriba, ten: unha flor e unha cruz de Malta, dúas chaves, dúas gadañas, unha cruz grega insertada nun círculo e un trisquel cunha estrela de seis puntas. No lado dereito, de abaixo arriba ten: dúas flores, dous círculos en resalte, un animal cuadrúpedo (vaca, burro ...), a torre dun castelo, a seu carón unha lanza e como remate, unha estrela de seis puntas.
 
A fachada da casa está encintada de cemento e pintado de cor negra.

volver a búsqueda