Igrexa parroquial de San Paio

mapa ficha

Referencia:

010022

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600145 y: 4640705

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Barroco
Igrexa parroquial de San Paio

Descrición:

Igrexa barroca de planta rectangular dunha soa nave, sancristía adosada no seu lateral dereito, presbiterio cadrado máis elevado e cuberta de tella do país a dúas augas na nave e catro no presbiterio. A sancristía ampliouse, así se recolle no libro 4.1.5. F.47v, 1721. Visita. "se ha reconocido la gran destrechez e indezencia de la sacristía desta Yglesia [...] se enchanche y aga mas capaz. F.52, ca. 1725 "450 rls que llebo el cantero de la sacristia a quien y en cuio precoi se le remato como aultimo postor". F.52v, idem 226 rls menos 4 mrs que costo enladrillar la sacristia y hazer las sepulturas de la yglesia".
 
A fachada principal, presenta portada de frontón partido con aleta e remate superior de espadana. A porta está enmarcada por pilastras coroadas por pináculos piramidais con bola. Ten un arco de medio punto con casetóns e un anxeliño sobre motivo floral en relevo, decorando a clave. Sobre o arco, frontón triangular que alberga unha pequena ventá rectangular abucinada e moldurada. O frontón partido con aleta cóncava vai decorado nos extremos por un pináculo piramidal de bola. Sobre o tellado, no seu lado dereito ten varios chanzos de granito para acceder ao campanario. A espadana, presenta un corpo con dous arcos de medio punto e volutas no seu arranque; remata nun frontón triangular con arquiño de medio punto enmarcado por pináculos de bola e coroado por unha cruz latina. No libro 4.1.6 no f.11 aparecen dúas referencias á súa construción: f.11, 1700 "llebo el pedrero que compuso el campanario", 1701 "que llebo el pedrero que hizo el campanario". Na parte traseira, atópase nun sillar do paramento unha inscrición numérica. Nos vértices do presbiterio hai un pináculo piramidal de bola.
A mais da porta principal, a edificación ten sendas portas en cada un dos laterais.
 
Unha serie de lousas estreitas e rectangulares no chan, marcan o acceso á entrada do lateral dereito, xusto enfronte atópanse unha serie de tumbas. A igrexa está rodeada por muro de cachotería na parte traseira, e polos propios muros das casas veciñas, nun dos laterais.
 
No ano 1764 reedificouse a capela maior, Libro 4.1.5, f.87. Visita. "dicho Abad tiene licencia del Ylustrisimo señor obispo haora difunto y de los sres provisores sede vacante para reedificar la capilla maior de dicha Yglesia se confirman las expresadas licencias". No ano 1766-69, sen f., libro 4.1.5. "5500 rls que tubo de coste la echura di la cantaria del coro con su pulpito losar la Nave de la Yglesia y echar a la Nave dos hiladas con su cornixa", "900 rls de coste la echura del Atrio y la pila Bautismal". "140 rls el lebante de la sacristia con su losado". No mesmo libro, no f.123, 1812 "se de al mismo tiempo alguna mas elevacion a la Nave, de modo que pueda construirse una tribuna". Como se recolle no libro 4.1.6., no f.57v, ca 1830, as anteriores reformas non se levaron a cabo. "Esta Yglesia al presente se alla con el techo de la Nabe arruinado amenazando una grande desgracia [...] el cura anterior dispuso se lse diese a esta Nabe una elevacion correspondiente a la Capilla mayor, a fin de hacerle una tribuna para dar algun Hueco mas, y llegando los canteros a la Yglesia a fin de darle principio se alboroto en pueblo reboltoso tocando las campanas a alboroto y apedreando los canteros; visto que fue este desorden por el cura temiendo no sucediese alguna desgracia, desistio de su empresa". F.67, 1830-31 "3064 rls a los maestros Joseph Rodriguez vecino de Solveira y Casimiro do Barrio este de Fuente arcada de la xurisdicion de Jinzo por la obra de carpinteria y pedreria de la Nave de la Yglesia", "1000 rls al maestro Pedro Sarrapio por la obra del cornixado, dos confesionarios cerrados en la pared y dos pedestales de los colaterales", "600 rls a Benito Lois maestro de canteria por la reforma del Arco mayor".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
 ABADES, San Paio.
 4.1.5. Visitas (1676-1820)
 4.1.6. Libro primicias y fábrica (1679-1944)
-Ficha de Inventario Artístico.
-Ficha S.I.A.A.E.
 
  
 

volver a búsqueda