Peto de ánimas

mapa ficha

Referencia:

010021

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600094 y: 4640783

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Paio

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Petos de Ánimas

Subtipo:

Peto de Ánimas

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Peto de ánimas

Descrición:

No cruce de dous camiños, sitúase este peto datado no 1834. Presenta plataforma dunha grada e dous corpos diferenciados. O primeiro, organízase nun pedestal con zócalo e con plinto e toro, no neto unha inscrición e como remate, una cornixa moldurada en gola. O corpo principal ten unha fornela con arco de medio punto con molduras escalonadas que nos laterais presenta unha placa con moldura semicircular; na parte superior ten unha moldura abocelada, arquitrabe e cornixa. O conxunto remata con estilizada cruz latina de sección rómbica decorada con motivo circular de perla no centro e sobre pequeno pedestal.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-BARRIOCANAL LOPEZ, Yolanda; Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, Anexo 3. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 1985, p.309.
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.

volver a búsqueda