As fontes dos Cancelos

mapa ficha

Referencia:

010019

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 601298 y: 4639667

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Martiño dos Peros

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
As fontes dos Cancelos

Descrición:

Á beira esquerda da estrada que vai cara a Sabucedo, no lugar dos Cancelos atopamos estas dúas fontes de manancial, realizadas ambas en perpiaño. Presentan estrutura cúbica, aparecen embutidas no terreo e carecen de cuberta. Entre as dúas hai tan só tres metros de distancia. Unha delas está totalmente cuberta de vexetación, deixando á vista un bloque de granito de sección cilíndrica cun rebaixe central para a saída da auga. A outra ten o estanque completamente á vista.

volver a búsqueda