Peto de ánimas

mapa ficha

Referencia:

010013

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 601239 y: 4639776

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Martiño dos Peros

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Petos de Ánimas

Subtipo:

Peto de Ánimas

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Peto de ánimas

Descrición:

Ao final do núcleo de San Martiño dos Peros, seguindo a pista que vai ao lugar de San Paio, sitúase este peto. Aséntase sobre plataforma de dúas gradas e consta de dous corpos diferenciados. O inferior a modo de pedestal, cun zócalo con plinto e touro, cornixa moldurada en gola e neto onde figura unha inscrición. O superior, con fornela de medio punto percorrida no arco por listeis escalonados e rematada por unha moldura bucelada. Sobre unha faixa intermedia a modo de arquitrabe, descansa o coroamento formado por unha cruz de brazos iguais florenzada sobre unha pequena peaña cadrada con placa metálica con inscrición. Nos laterais do corpo principal, placas de remate semicircular.
 
O monumento está flanqueado por dúas pedras de forma cilíndrica de distinta altura que semellan fustes de columnas.
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha de Catalogación del Ministerio de Cultura.
  
 

volver a búsqueda