Capela de Santa Bárbara

mapa ficha

Referencia:

010009

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600632 y: 4639270

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

Sabucedo dos Peros

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de Santa Bárbara

Descrición:

Capela situada no lugar do Campo. Trátase dun pequeno edificio de perpiaño e planta rectangular dunha soa nave con cuberta de tella do país a dúas augas. Nos laterais, cara a zona do presbiterio, ten dous pequenos vanos rectangulares e abucinados. A fachada ten unha porta lintelada e pequeno vano rectangular e abucinado, stituada á dereita da porta. Remata cun campanario con arco de medio punto con moldura sobresaínte no interior do arranque e frontón triangular coroado con cruz florenzada. Decorando a cuberta da capela hai dous pináculos piramidais e unha cruz florenzada, no vértice traseiro do tellado. Destacan os sillares en disposición triangular colocados sobre a lumieira da porta de acceso.
 
 
DOCUMENTACION:
Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.

volver a búsqueda