Lavadoiro e fonte

mapa ficha

Referencia:

010008

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600576 y: 4639281

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

Sabucedo dos Peros

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Lavadoiro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Lavadoiro e fonte

Descrición:

No medio dunha praciña de Sabucedo, atopamos este conxunto de fonte e lavadoiro. A fonte é de manancial, realizada en perpiaño con estrutura cúbica e cuberta plana, en orixe de granito e hoxe de bloque e cemento. O lavadoiro de perpiaño ten forma rectangular, coas laxes dos bordos inclinadas para facilitar o lavado. Ademais ten un peche superior con cerchas de madeira sobre pilares de granito, e cuberta de tella do país a dúas augas. Ao lavadoiro vai adosado un estanque cuadrangular tamén de granito, con muro traseiro en forma de frontón triangular onde vai un cano de plástico, unha inscrición da data 1962 e unha placa de ferro do réxime franquista.

volver a búsqueda