Capela de San Xoán Bautista

mapa ficha

Referencia:

010002

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 600942 y: 4641518

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

Quinta, A

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Xoán Bautista

Descrición:

No outeiro de San Xoán atopamos esta pequena capela. Está realizada en perpiaño de planta rectangular e cuberta de tella do país a dúas augas. A fachada principal, ten porta lintelada flanqueada por uns pequenos vanos rectangulares e remate superior de pseudoespadana, con arco de medio punto coroada por unha cruz. En cada un dos laterais, cara a zona do presbiterio, ten outros vanos rectangulares de pequeno tamaño.  Diante da fachada hai un enlousado de laxes irregulares, que en dous dos seus lados péchase con dous chanzos. Dos outros, un queda baleiro e o restante, vai pechado pola propia capela. Un pouco máis adiante ten dous bancos de granito.
 
A capela ubícase nun enclave natural con fermosas vistas da serra. O valado dunha finca, unha casa e un galpón de bloque, rompen a estética do conxunto. É de sinalar, que a cuberta de tella é de recente colocación e que a porta e os vanos da fachada, están modificados, aínda que así fora en orixe a súa estrutura.
 
A primeira referencia aparece no libro 4.1.1. Visitas, sen Fol. 1669 "tiene quatro hermitas en que se dice missa que son una de San Juan, otra de San Martin, otra de San Gines y otra de San Sebastian". Despois no libro 4.1.5, fol. 23, 1699. Visita. Só se citan tres ermidas: "San Gines que esta con poca decencia, otra de San Juan de Quintas y la otra de San Martín". No fol.45, 1718. Visita, volve a falar de catro ermidas. A derradeira atópase no libro 4.1.6 no fol.57,1830. "Ay en esta Parroquia quatro Capillas situadas, una en el pueblo de Sn Martin con la misma advocion, otra en Quintá, advocacion de San Juan, otra Sn Ginés fuera del Pueblo de Sn Payo y otra en el mismo pueblo, advocacion Ntra Sra de la gracia, estas dos ultimas tienen sucorrespondiente dotacion la primera por averse constituido el pueblo asu debida decencia por un instrumento que suena en un libor viexo y anterior fol.95 y la segunda por algunos frutos que por cierta pieza recoje Francisco Piñeiro el Mozo dotados por su fundador".
 
 
DOCUMENTACION:
-Ficha do Servicio Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica.
-A.H.D.OU.
  ABADES, San Paio
     4.1.1. Visitas (1668-1674).
     4.1.5 Visitas (1676-1820)
     4.1.6. Libro de primicias y fábrica (1679-1944)

volver a búsqueda